
Ou, “Onde hai pelo, hai alegría”.
Pois sí, unha mobilización social sen precedentes, digna de entrar nos libros da historia de TUMBLR, fixo posíbel o que pretenden as maiorías sociais. E non, non é poder saber máis da vida de Belén Esteban. Todo o mundo quere ver as entemidades do actor galaico-catalán máis recoñecido na (da) aldea de Anguieiros: ALBERTE MONTES!
Ante toda esta expectación, non entendo eu por que as raparigas non beben los vientos pola miña barba, pero sí acuden á chamada do teu espírito para materializar en 17 comentarios a súa demostración de amor por ti. Vamos, que che queren ver a pirola e tomar medidas. Como se foran facer un presupuesto. Bandidas!
E nada, como xa nos puxemos modo TELECIRCO ON fíxenme unha autofoto con cara interesante, pero pasota, para subir aquí ao bló. Con filtro de instagram incluido, que vai mellor ca calquera cremiña desas que se poñen os metrosexuais a partires dos 19, non sexa que aos 20 lle comecen as enrugas. Viches que morro teño? Meu pai sempre dixo que eu, de ser porco, daba para unha boa matanza. Ano de fartura.
Pois escoita, eu xa teño ganas de vacacións! Quen me verá alí, o 25 de Xullo, co kit completo de política, pulpo, xamón, queixo, chourizo, raxo, empanada e zorza! Vamos, xa sabes que o meu son as reivindicacións nacionais… Cando menos dos nosos produtos gastronómicos. Que sí, home, que alí estarei deixándome a gorxa contra a pandilla de cabróns que non fan máis que gardalos billetes nos seus petos e nos dos seus amigos banqueiros mentres nós andamos a dúas velas. Que xa chega; xa se nos encheron os collóns!
E falando de COLLÓNS! Que iso, que sí, que dalle saúdos aos teus. “Á familia”, que dicía aquel. Como dicía Rubianes, ten coidado que non collan unha insolación, se os pos “al viento, cual melena” para facer tan ansiado retrato por parte da nosa audiencia. Iso sí, en recordo ao noso amigo Chanclot Van Damme esixo que saias cunhas hawaianas nos pés. Por aquilo de combinar, digo eu!
Poderei facerche eu a foto?









